Mesa sectorial de sanidade do 28 de novembro de 2022

Oferta de emprego público do SERGAS do 2022

  • Mesa Sectorial
  • Oposicións
  • Sanidade Pública

Apróbase o decreto de oferta de emprego público do SERGAS para o ano 2022 cun total de 1294 prazas.

 

CATEGORÍA PROFESIONAL

Nº PRAZAS

Licenciados/as sanitarios/as

Farmacéutico/a de atención primaria

27

Odontólogo/a de atención primaria

9

Total Licenciados/as sanitarios

36

Diplomados/as sanitarios/as

Enfermeiro/a

256

Enfermeiro/a especialista en enfermaría familiar e comunitaria

30

Enfermeiro/a especialista en enfermaría pediátrica

25

Matrón/a

9

Fisioterapeuta

11

Terapeuta ocupacional

5

Total Diplomados/as sanitarios/as

336

T. Formación profesional

TCAE

597

TCAE discapacidade intelectual

14

Total Técnicos/as Formación profesional

611

Xestión e servizos

Grupo auxiliar da función administrativa

109

Grupo de xestión da función administrativa

8

PSX

180

PSX discapacidade intelectual

14

Total Xestión e servizos

311

TOTAL

1294

 

Informan de que a intención é convocar os procesos de concurso-oposición sumando as prazas ofertadas nos anos 2020, 2021 e 2022 máis as prazas de concurso-oposición da oferta extraordinaria de estabilidade.

A nota de corte será do 35% na fase de oposición e en tódalas categorías.

CIG-Saúde denunciamos a excepción incluída no decreto que permite que se oferten a OPE prazas nos centros de difícil cobertura que previamente non se ofertaran a concurso de traslados.

Incorporan 256 prazas de enfermeiro/a que se sumarán a convocatoria deste ano 2022, polo que se abrirá un novo proceso de inscrición no concurso-oposición desta categoría. Isto implica que se retrasa o exame de enfermeiro/a que se ía celebrar en maio para unha data posterior.

Volver