Mesa sectorial de sanidade do 6 de novembro de 2020
- Mesa Sectorial
- Sanidade Pública
Na Mesa Sectorial de Sanidade celebrada no día de hoxe, abordáronse os seguintes temas:
- Plan de continxencias COVID-19.
Presentaron ao inicio da reunión un borrador con propostas dirixidas a:
- Medidas en materia de selección temporal
- Medidas en materia de vinculación temporal
- Medidas relativas á mobilidade do persoal
- Teletraballo
- Outras medidas.
Dende CIG-Saúde botamos en falta que no documento non se fixese ningunha mención de recoñecemento ao traballo do persoal, só de novas esixencias.
Esiximos un único vínculo de estabilidade para todo o persoal, e a negociación inmediata da orde de vínculos.
Quedamos emprazados/as a unha nova xuntanza a semana que vén para valorar as alegacións que se remitan.
- Proxecto de Decreto de oferta de emprego público do SERGAS 2020. Previsións OPE
O SERGAS presenta un cadro de prazas pechado e limitado para taxa de reposición.
Diversas categorías que tiñan convocada OPE en decembro de 2019 sumarán as prazas desta oferta de emprego, e habilitarase un novo prazo de inscrición para as persoas que queiran participar. Máis información no documento adxunto.
- Proxecto de Decreto de creación da categoría de médico/a de admisión e documentación.
Apróbase o proxecto de Decreto para a súa tramitación.
- Borrador de creación de postos de coordinación de técnicos/as especialistas.
O SERGAS acepta convocar 25 postos de coordinación de técnicos/as especialistas. Queda pendente o envío dun novo documento.
CIG-Saúde solicitamos o desenvolvemento íntegro do acordo 2003, e que na vindeira reunión presenten documento de creación da coordinación de técnicos/as de grao medio.
- Flexibilización de disfrute de LDs ordinarios e adicionais do ano 2020 ata o 31 de marzo de 2021.
CIG-Saúde esiximos que no caso de que se deneguen por parte das xerencias os LDs de forma sistemática por mor de necesidades asistenciais, non poden caducar.
- Concurso de traslados aberto e permanente
Inicialmente a intención do SERGAS era retrasar a incorporación dos traslados.
Acadouse o compromiso coa Administración de resolver o concurso de traslados con varias condicións:
- Incorporación directa nas prazas adxudicadas sen prazos posesorios; días, que se desfrutarían posteriormente.
- Posibilidade de prórroga dos prazos posesorios en casos excepcionais, con efectos do mesmo día que o resto de participantes no concurso de traslados.
- Carreira profesional
Informan de que está retrasada a publicación da Resolución da carreira, en espera de autorización orzamentaria.
CIG-Saúde solicitamos a convocatoria sen mais dilación da carreira profesional.
- Listas de selección temporal de celador/a pola quenda de discapacidade intelectual.
O vindeiro 13 de novembro publicarase no DOG a Resolución polo que se abre o prazo de inscrición nas listas de selección temporal de celador/a pola quenda de discapacidade intelectual.