Mesa sectorial de sanidade do 8 de febreiro de 2021

Atención continuada en réxime de localización en diversas categorías

  • Mesa Sectorial
  • Sanidade Pública
  • Xornada

ATENCIÓN CONTINUADA EN RÉXIME DE LOCALIZACIÓN EN NOVAS UNIDADES ASISTENCIAIS E CATEGORÍAS SANITARIAS.

A Administración vén de informar na Mesa Sectorial de Sanidade da proposta retributiva que incluirá na orde de confección de nóminas do ano 2021, en referencia aos valores da garda localizada en determinadas áreas especiais nas categorías de Enfermeira, TCAE e Técnicos Superiores (TER e TEAP).

CIG-Saúde esiximos que é necesario que se regule dita prestación de servizos, de maneira que as gardas localizadas sexan para urxencias asistenciais, e nunca para substituír quendas de traballo nin traballo ordinario.

CIG-Saúde esiximos unha regulamentación da prestación en réxime de garda, tanto presencial coma localizada: revisión do valor/hora, prestación en días festivos e noites, descansos compensatorios...

CIG-Saúde solicitamos a inclusión na proposta, na categoría de enfermeira/o, das gardas localizadas para a realización de traslados interhospitalarios.

A Administración comprométese a presentar na mesa sectorial unha regulación complementaria desta proposta a través dunhas instrucións da Dirección Xeral de RRHH, que recollerán:

  • O compromiso de revisar as gardas localizadas implantadas nas distintas xerencias.
  • O establecemento dunhas liñas básicas comúns para todas as xerencias en canto á retribución dos complementos de nocturnidade, festividade e quenda, no caso de activación durante a garda; e en canto aos descansos compensatorios.
  • A negociación dun plan funcional en cada ámbito, en función das peculiaridades de cada centro, para regular os descansos compensatorios.

CATEGORÍA

SERVIZO/UNIDADE

VALOR HORA

ENFERMEIRA/O

Radioloxía intervencionista

Diálise

Cirurxía cardíaca

Endoscopias dixestivas

5,39 €/hora

TCAE

Radioloxía intervencionista

Diálise

Cirurxía cardíaca

Endoscopias dixestivas

Hemodinámica

3,62 €/hora

Técnicos/as superiores

TEAP – Autopsias

TER - RMN

4,06 €/hora

Volver