Mesa sectorial do 13 de novembro 2024
Concurso de traslados 2024
- Concurso de traslados
- Mesa Sectorial
- Oposicións
- Sanidade Pública
O SERGAS informa de que o CTAP vaise publicar no DOG o luns 18 de novembro, para todas as categorías excepto persoas concretas que verán retrasada a toma de posesión ata un máximo de 3 meses nas categorías de FEA de:
- Medicina interna
- Anestesioloxía
- Traumatoloxía
- Radiodiagnóstico
CIG-Saúde denunciamos que acudimos a unha reunión sen que nos indiquen eses casos concretos, o que nos impide valorar a medida que van adoptar, e tampouco sabemos que criterios van aplicar ás xerencias á hora de determinar que consideran compromiso da asistencia.
Segundo nos informan as xerencias teñen de prazo ata mañá para comunicar ao SERGAS o nº de persoas concretas que actualmente están nos hospitais comarcais que van ter prorrogada a súa toma de posesión ata un máximo de 3 meses.
Pode darse a circunstancia de que dun mesmo centro e especialidade varias persoas poidan trasladarse agora en novembro e outras teñan demorada a toma de posesión.
O criterio que van utilizar para determinar quen queda e quen se vai, é pola puntuación no CTAP, quedándose quen menos puntuación teña.
Acordouse que os efectos administrativos de cara a futuros CTAP serán do 2024.
CIG-Saúde solicitamos que eses mesmos efectos administrativos se apliquen tamén ás persoas que tomen posesión nos procesos selectivos de estabilización, que van demorada a resolución da mesma por retrasos da Administración. Consideramos que isto sería o paso previo a que na revisión que se faga do Decreto 206/2005 se elimine o requisito de un ano para participar no CTAP.
Outras informacións
- Venres 15 de novembro, publicación no DOG da baremación provisional do concurso-oposición de FEAs, e de médico/a asistencial e médico/a coordinador/a do 061.
- Concurso-oposición de enfermeiro/a: publicarán entre a semana que vén e a seguinte (en función da dispoñibilidade no DOG), a resolución definitiva coas persoas definitivamente seleccionadas para abrir o prazo de 1 mes de entrega de documentación.