Mesa sectorial do 19 de novembro
OPE, CTAP, permisos, listas
- Mesa Sectorial
- Oposicións
- Sanidade Pública
LDS ordinarios e adicionais do 2026
Amplíase ata o 31 de marzo de 2027 o prazo para desfrutar os días de libre disposición de 2026, tanto ordinarios como adicionais. Segundo o SERGAS, ese prazo tamén se aplica en Atención Primaria ao día compensatorio polo festivo estatal que cadra en sábado.
Concurso oposición
Aprobáronse as convocatorias de médico/a de hospitalización a domicilio e técnico/a superior en prevención de riscos laborais. CIG-Saúde votou en contra porque quedaron sen incorporar as súas alegacións máis importantes.
Concurso Urxencias hospitalarias do CHUO
O SERGAS mantén a previsión de resolver en abril de 2027.
CTAP 2026
O SERGAS prevé resolvelo a primeiros de decembro e descarta que os cesamentos sexan o 30 de novembro, data que estaban a comunicar algunhas áreas.
Listas de contratación 2026
Sen novas previsións. CIG-Saúde critica a demora excesiva deste ano.