Mesa sectorial do 20 de agosto de 2025

Previsións OPE e CTAP

  • Concurso de traslados
  • Mesa Sectorial
  • Oposicións
  • Sanidade Pública

OPE

Apróbanse as convocatorias de concurso-oposición co voto en contra de CIG-Saúde, por non recoller ningunha das nosas alegacións en relación á lingua galega.

Previsiblemente publicaranse as convocatorias no DOG o 28 de agosto.

• Técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría
• Técnico/a en farmacia
• Técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico
• Traballador/a social
• Grupo auxiliar da función administrativa
• Persoal de servizos xerais
• Celador/a

O prazo de presentación de solicitudes, estará aberto ata o 30 de setembro.

- Informan de que en setembro teñen a intención de resolver os procesos selectivos de estabilización que están na fase de elección:

• Enfermeiro/a especialista de saúde mental
• Técnico/a en farmacia
• Técnico/a superior en anatomía patolóxica e citoloxía
• Técnico/a superior de dietética
• Técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico
• Técnico/a superior en hixiene bucodental
• Técnico/a superior en Laboratorio de diagnóstico clínico
• Técnico/a superior en Radioterapia

CTAP 2025

CIG-Saúde rexeitamos a oferta de prazas con perfil. A solución para cubrir as áreas de capacitación non é a través do concurso de traslados, senón permitindo que todo o persoal fixo dos servizos teña acceso a esa formación específica nesas áreas, e non “especializando” a persoal residente e persoal interino habendo prazas fixas ás que se lles nega esa “especialización”.

CIG-Saúde denunciamos que non hai ningún control dos cambios a quendas deslizantes nin dos centros asignados en cada praza. Isto provoca que as xerencias a través do CTAP estean modificando “por detrás” o mapa das prazas, sen negociarse coas xuntas de persoal nas áreas sanitarias. Para CIG estes cambios deberan negociarse e recollerse no suposto Plan de ordenación de Recursos Humanos de Atención Primaria que non sabemos cando teremos.

O cadro de prazas ofertadas no CTAP de 2025, publicarase a primeiros de setembro. Abrirase un prazo de dez días hábiles para facer modificacións das prazas seleccionadas.

Manteñen a previsión de que as incorporacións do CTAP sexan a finais de novembro.

Volver