Mesa sectorial do 28 de setembro de 2022
Criterios de ceses e incorporacións, e previsión de OPE e Concurso de traslados
- Concurso de traslados
- Mesa Sectorial
- Oposicións
- Sanidade Pública
Criterios de cesamento ante as próximas incorporacións
Acórdase manter transitoriamente os criterios de ceses e incorporacións actuais, que se basean na orde de prelación nas listas de selección temporal.
Unha vez convocados os procesos selectivos da lei de estabilidade (lei 20/2021) negociaranse uns criterios de ceses e incorporacións de conformidade á modificación do Estatuto marco.
OPE e Concurso de traslados
Informan de que os contratos de garantías de FEAs finalizarán coas incorporacións de OPE. Posteriormente farase unha oferta de vacantes de FEAS de forma centralizada dende o SERGAS.
Informan de que elaboraron unha folla informativa para as tomas de posesión e a permanencia no servizo activo dos/as facultativos/as especialistas en atención primaria cunhas consideracións específicas. Insisten en que van esixir a incorporación efectiva ao posto, e que non van a conceder ningunha excedencia. Documento PDF
Previsión de incorporación da OPE e traslados.
- Publicarase no DOG o 4 de outubro a Resolución da OPE e Concurso de traslados de FEA Medicina interna e Traumatoloxía, iniciando ao día seguinte o prazo para as tomas de posesión.
- Antes de decembro de 2022 queren ter resolta a OPE das categorías que remataron a fase de concurso e o concurso de traslados do 2022 conxuntamente.
- As categorías que teñen o exame de oposición feito pero que teñen sen resolver a fase de concurso, a súa toma de posesión quedaría para o 2023.