Mesa sectorial do 29 de xuño de 2022
Acordo de medidas retributivas e de mellora na atención primaria
- Atención primaria
- Mesa Sectorial
- Sanidade Pública
Medidas retributivas e de mellora no ámbito de Atención Primaria
CIG-Saúde asina estas medidas defendendo que estas non son a solución ao problema de falta de profesionais e/ou mala xestión na Atención Primaria, simplemente increméntase a retribución ao sobresforzo que xa están a facer actualmente as/os profesionais. Estas medidas terán efectos do 1 de xullo de 2022.
CIG-Saúde acada melloras na proposta inicial conseguindo:
- Que o valor da intersubstitución teña en conta o 100% das retribucións fixas da persoa ausente.
- Que se negocie antes do 30 de setembro un manual para a cobertura das ausencias: definindo os criterios e aplicación da “prolongación de xornada” e “intersubstitución”.
- Que se suprimirá no “complemento F” o requisito de residir na mesma localidade que o centro illado.
- Que na acumulación de cota de praza vacante de médico/a de familia (novo modelo de asignación de cartillas voluntario e só se hai unha interinidade ofertada e non cuberta) se incremente a retribución a 12.000€/ano.
- Que as matronas se inclúan na intersubstitución.
- Que se incremente o valor da xornada complementaria en PAC a partir das 160h/mes.
- Que se incremente o valor hora ao persoal de ordinaria que fai voluntariedade en PAC por encima de 550 horas anuais.
- Que nas áreas administrativas se teñan en conta estas medidas e os novos programas que se están implantando para a cobertura das ausencias e/ou dotación de persoal.
CIG-Saúde esiximos que as medidas retributivas vaian polo camiño da recuperación do acordo retributivo 2008-2012, sendo de aplicación a todo o persoal e non só se fale de incremento retributivo en situacións de urxencias.
O SERGAS comprométese a que no marco do Plan de Ordenación de RRHH falarase de medidas retributivas sen entrar en mais detalles.
Anexo cos centros illados e de difícil cobertura.
Rogos e preguntas
Informan que a mediados de xullo vanse publicar as listas coas puntuacións provisionais da fase de oposición dos exames de OPE que se fixeron neste ano.
CIG-Saúde preguntamos polos grupos de traballo de medicina interna e de enfermeiras/os.
- Quedaron en convocar na semana do 11 de xullo o de medicina interna.
CIG-Saúde solicitamos que non se sigan amortizando prazas do grupo administrativo (C1). A Directora de RRHH di que é necesario facer unha regulación do persoal administrativo e que ten intención de abordar este tema, iso si, sen data.