Mesa sectorial do 9 de outubro de 2024

Sentenza do Tribunal Supremo relativa ao proceso de estabilización, vacacións cotizadas e non desfrutadas e rogos e preguntas

  • Mesa Sectorial
  • Sanidade Pública

Sentenza do Tribunal Supremo relativa ao proceso de estabilización. Execución.

O SERGAS informa de que van optar por manter o baremo diferenciado no concurso de méritos de FEAs:

  • Servizos prestados no SERGAS na categoría: 0,20 puntos/mes
  • Servizos prestados noutro servizo de saúde na categoría: 0,15 puntos/mes

CIG-Saúde solicitamos que se adopte a medida que consideren pero que teña a máxima garantía xurídica, e que se faga coa maior celeridade. No seu momento non estabamos de acordo coa convocatoria, polo que agora non imos debater a solución.

Vacacións cotizadas e non desfrutadas.

A Subdirectora informou de que neste mes de outubro vanse poder visualizar no FIDES os días de vacacións cotizadas e non desfrutadas no SERGAS. Aquelas persoas que teñan días de vacacións cotizadas noutros centros de fóra do SERGAS terán que presentar a solicitude de recoñecemento deses días. Non aclararon cal vai ser o procedemento.

Rogos e preguntas. Peticións de CIG-Saúde.

Que se informe na mesa sectorial da Planificación de OPE e do Concurso de traslados. Insisten en que as RESOLUCIÓNS do CTAP e da OPE de estabilidade serán no 2024, pero queda no aire cando serán as tomas de posesión. Aceptan a solicitude de CIG-Saúde de que aquelas categorías que vexan retrasada a toma de posesión ao 2025 non se verán prexudicadas en canto á súa posible participación no CTAP do 2026.

Que se traia á mesa sectorial o Decreto de oferta de emprego público do 2024.

Que se reúna o grupo de traballo de permisos e licencias. Lembramos que segue pendente a instrución de desfrute do MAE por parte do persoal temporal.

Que se traten canto antes na mesa sectorial as instrucións da xornada do 2025.

Solicitamos a información sobre o incremento de prazas ligado aos orzamentos do 2025.

Solicitamos para que no concurso de traslados:

  • Se elimine o requisito de 1 ano para poder participar no CTAP.
  • Que no CTAP se teñan en conta as prazas vacantes orzamentadas estean ocupadas ou non. CIG-Saúde denunciamos que se isto non se modifica pode significar a amortización de prazas en determinadas categorías que cumpridos os 3 anos da interinidade queden vacantes, sen ofertarse no CTAP, nin na OPE nin podendo cubrirse polos criterios de cese.
  • Se revise o baremo do concurso de traslados porque os servizos prestados en promoción interna temporal estanse valorando sempre como prestados na categoría base.

Que se traten na mesa sectorial os concursos específicos de médicos/as de HADO, enfermeiros/as especialistas en familiar e comunitaria, e tamén en xeriatría.

Que se retome a mesa de negociación do pacto de contratacións, e do Plan de ordenación de RRHH.

Reiteramos que se convoque a mesa de negociación do persoal médico de urxencias hospitalarias.

Volver