Mesa sectorial 3 de xuño

Outros temas

  • Mesa Sectorial
  • Sanidade Pública

- Certificados na nube.

Vaise habilitar a todos os profesionais o acceso aos certificados na nube. Recibirán un correo para que poidan solicitar o certificado na nube. Isto faise en dous pasos, primeiro identifícase o profesional e despois solicita o certificado.

Este certificado na nube é complementario do físico.

CIG solicita outro mecanismo para poder solicitar este certificado.

- Unidade de apoio da atención primaria.

Denunciamos ter coñecemento dela a través da prensa, onde non sabemos a dotación, nin ubicación, nin funcións... Isto afecta a condicións de traballo e recursos humanos e é competencia da mesa sectorial.

O SERGAS non é quen de dar resposta á información solicitada por descoñecer de quen depende esta unidade.

- Áreas administrativas AP - SIGAP

Denunciamos o acontecido co cambio do SIGAP, sen formación previa, sen referencias e que se ven abandonados. Denunciamos falta de planificación, nin de formación previa nos centros para que poidan asumir os cambios. Isto xera malestar aos profesionais e que sinten que ninguén se preocupa por eles.

O SERGAS recoñece que tiña que terse feito unha formación previa, con píldoras formativas, webinar, guía rápida....

Toman nota do acontecido e van facer cambios para mellorar os avisos cando se realicen cambios ou actualizacións nas aplicacións.

CIG denunciamos que o cambio implica máis carga de traballo e que algo que se facía en 5 minutos agora tárdase 20 minutos.

CIG-Saúde entendemos que se houbera unha organización de AP onde as áreas administrativas tiveran una soporte organizativo que se preocuparan de como se implantan as aplicacións, ver como se forma o persoal, posiblemente non se tería dado este problema.

- Cobro do CPV.

Solicitamos que se regulen os criterios e as condicións para ao acceso ao cobro do CPV. O persoal temporal vese excluído do cobro por sistema se non prestan servizo durante todo o ano.

Solicitamos tamén que aparezan na orde de confección de nóminas diversas categorías de xestión e servizos que están cobrando o CPV pero que non aparecen na orde.

CIG preguntamos se o CPV do hospital para enfermeiras/os está autorizado. Din que si.

Solicitamos que nos informen dos valores do resto de categorías que fan xornada complementaria no hospital.

- Unidade de radioterapia de Pontevedra.

CIG denunciamos que a Unidade de radioterapia de Pontevedra está feita pero que non se abre, e que está sobrecargando sobre todo a Vigo. Preguntamos o motivo para que non se abre e que se dote do persoal que corresponda, e que se nos diga o cronograma de implantación desta Unidade.

- Técnicos/as superiores de documentación sanitaria.

Denunciamos por volver a contratar dende a Dirección Xeral da Saúde Pública unha empresa privada para codificar historias clínicas cando hai persoal estatutario do SERGAS. Hai persoal formado nas listas de contratación. Denunciamos a privatización de traballo que forma parte da sanidade pública, que non está xustificada por ningunha razón obxectiva e que empeora o servizo de codificación.

- Retirada dos ADX do indicador referido á Incapacidade temporal.

Introduciuse un indicador ao persoal médico de familia que ten un 10% dos obxectivos comprometidos en función do nº de días que duren as ITs dos seus pacientes. Para CIG isto é grave e pon en entredito a profesionalidade e a confianza médico-paciente.

- Modificación da Instrución da Xestión da IT.

CIG preguntamos quen vai asumir o gasto de todos os procesos van xestionar as Mutuas. Para CIG é unha privatización encuberta de parte da atención da sanidade pública, e darlle á Mutua capacidade de decisión sobre todo o proceso do traballador, separado do ámbito da sanidade pública.

Queremos que conste o noso profundo desacordo con esta instrución e coa campaña de criminalización que se está facendo dos traballadores/as e das profesionais da sanidade pública.

- Grupo de traballo de enfermaría.

CIG defendemos que é necesario crear un grupo de traballo de enfermería, e non se pode demorar máis. Enfermería necesita revisar que queremos dela, cara onde imos no SERGAS, todo o que ten que ver coa profesión, ratios, especialidades... É necesario analizar a situación e tomar medidas antes de que a situación sexa insostible.

- Traspaso das UAD.

CIG denunciamos que segue habendo incidencias, e imos ter que empezar a falar da integración deste persoal.

O SERGAS di que agora están abordando o tema da nómina. Estiveron recabando información dos distintos conceptos co fin de que na nómina de xuño teñan a nómina desglosada, e pagar os atrasos que correspondan.

Indican que hai un coordinador en cada área. Pedimos a relación dos coordinadores.

- Pago do día da oposición de PSX

CIG denuncia que o compromiso era de abonar como día de especial significación o día da oposición de PSX, pero só se pagou a quenda anterior e a coincidente, e non se pagou a noite. Vano a revisar.

- Retribucións das matronas de AP

CIG denunciamos a lentitude no paso de Zona básica 2 a 3, sendo as áreas de Santiago e Coruña as que van máis lentas nesta transformación. O SERGAS dará resposta na mesa do día 10.

Volver