MOBILIDADE INTERNA VOLUNTARIA DO ÁMBITO DE ATENCIÓN HOSPITALARIA
ABERTO PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DENDE O 22 DE XUÑO ATA O 6 DE SETEMBRO
- Atención hospitalaria (CHUVI)
- Mobilidade Interna
- Vigo
QUEN PODE PARTICIPAR?
- Persoal fixo con destino definitivo no CHUVI na correspondente categoría, cando menos, o último día do prazo de presentación de solicitudes.
- Estar en situación de activo/s ou asimilado/a na correspondente categoría.
QUEN NON PODE PARTICIPAR?
- Persoal en comisión de servizos, procedente de fóra do CHUVI.
- O persoal en situación de reingreso provisional no CHUVI.
- O persoal adecuado en praza específica que accedeu pola quenda de discapacidade
SOLICITUDES
- Unha única solicitude a través do FIDES, que se deberá presentar por rexistro ata do 6 de setembro do 2021.
- Deberá adxuntarse o formulario cos postos ofertados, ordeados por orde de prioridade, no modelo establecido.
- Xuntaranse á solicitude os documentos que acrediten os méritos alegados polas persoas aspirantes que non estean validados non seu Expediente - e / FIDES.
- Puntuación adicional de experiencia para postos de áreas específicas ou que requiran nivel de cualificación: aportar a certificación de servizos prestados nese área , emitida polo organo competente