MOBILIDADE INTERNA VOLUNTARIA NO COMPLEXO HOSPITALARIO UNIVERSITARIO DE PONTEVEDRA

  • Pontevedra

O pasado 23 de xuño publicouse no DOG a ANUNCIO do 9 de xuño de 2021, da Xerencia da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, polo que se convoca o procedemento de mobilidade interna voluntaria para persoal estatutario fixo de diversas categorías no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra.

Prazo presentación de solicitudes:  vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia  (do 24 de xuño ao 21 de xullo de 2021)

Presentación solicitudes: deberá cumprimentarse a través do FIDES, e presentala posteriormente polo rexistro.

Quen está obrigado a presentarse: todo o persoal con praza en propiedade no C.H.U.P. que non tivera adxudicado posto de traballo con carácter definitivo. Tamén terán a obriga de presentarse o persoal adaptado por motivos de saúde, agás o persoal adaptado por motivos de xestación ou lactanción.

Podes descargar aquí as Bases do procedemento de mobilidade voluntaria para persoal fixo de diversas categorías do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra.

Volver