Modelo definitivo de respostas dos distintos exercicios e das puntuacións provisionais da fase de oposición dos procesos selectivos para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario licenciado sanitario
Publicado hoxe en DOG
- Oposicións
- Sanidade Pública
Publícase da páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es), o modelo definitivo de respostas, aprobado polo órgano de selección, correspondente a cada un dos exercicios que integran a fase de oposición dos procesos selectivos para o ingreso na categoría de
Facultativo/a especialista de área nas especialidades de:
- Alergoloxía,
- Anatomía Patolóxica,
- Anestesioloxía e Reanimación,
- Anxioloxía e Cirurxía Vascular,
- Aparello Dixestivo,
- Cardioloxía,
- Cirurxía Cardiovascular,
- Cirurxía Oral e Maxilofacial,
- Cirurxía Pediátrica,
- Cirurxía Plástica, Estética e Reparadora,
- Cirurxía Torácica,
- Cirurxía Xeral e Aparello Dixestivo,
- Dermatoloxía Médico-Cirúrxica e Venereoloxía,
- Endocrinoloxía e Nutrición,
- Hematoloxía e Hemoterapia,
- Medicina Física e Rehabilitación,
- Medicina Intensiva,
- Medicina Interna,
- Medicina Preventiva e Saúde Pública,
- Microbioloxía e Parasitoloxía,
- Nefroloxía,
- Neurocirurxía,
- Neuroloxía,
- Oftalmoloxía,
- Oncoloxía Médica,
- Otorrinolaringoloxía,
- Pediatría e as súas áreas específicas,
- Pneumoloxía,
- Psicoloxía Clínica,
- Psiquiatría,
- Radiodiagnóstico,
- Reumatoloxía,
- Uroloxía,
- Xeriatría,
e nas categorías de:
- médico/a de admisión e documentación clínica,
- médico/a asistencial do 061 e
- médico/a coordinador do 061.
Publícase na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es), as puntuacións provisionais obtidas polos/as aspirantes presentados/as aos exercicios da fase de oposición dos correspondentes procesos selectivos.
Contra esta resolución as persoas interesadas poderán presentar reclamación ante o tribunal, no prazo de cinco días hábiles seguintes ao da súa publicación, unicamente de existiren erros na confección aritmética da puntuación obtida.
As reclamacións deberán presentarse nun rexistro administrativo ou a través de calquera dos procedementos previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e deberán dirixirse á sede do tribunal para os efectos de comunicacións, situada na Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.
A estimación ou desestimación das ditas reclamacións entenderase implícita na resolución pola que se aproben as puntuacións definitivas dos distintos exercicios, que se publicará no Diario Oficial de Galicia.