Modificación da lei 2/2022 de postos de difícil cobertura
Mesa sectorial do 17 de outubro de 2024
- Mesa Sectorial
- Sanidade Pública
CIG-Saúde denunciamos que se levara á mesa xeral dos empregados públicos un cambio na lei de postos de difícil cobertura a través da lei de medidas que acompaña aos orzamentos, sen negocialo previamente na mesa sectorial.
Dita modificación pretende incluír ao Hospital da Barbanza na relación de centros que recibirán a puntuación tripla nos servizos prestados en persoal licenciado sanitario.
CIG-Saúde denunciamos que o tema dos centros e postos de difícil cobertura estaba pendente de tratarse na mesa sectorial, para revisar o listado dos centros incluídos.
Pedimos negociar os centros de difícil cobertura en todos os ámbitos e que asistencia sanitaria nos explique os motivos ou criterios utilizados para decidir se son ou non de difícil cobertura.
CIG-Saúde denunciamos tamén que non entendemos por que deixan sen puntuación tripla ao Hospital do Salnés, e que con isto van facer que a partir de agora si que haxa problemas serios de cobertura nese centro, e que os profesionais non queiran ir ou sexan os últimos en cubrirse nas OPE.
Logo da denuncia da CIG-Saúde, o SERGAS confirma que incluirá tamén ao Hospital do Salnés.
CIG-Saúde seguiremos insistindo na mesa sectorial na revisión dos centros considerados de difícil cobertura.