Modificación da oferta de destinos no concurso de traslados aberto e permanente do 2023 para diversas categorías
Prazo de 15 días para modificación dos destinos seleccionados
- Concurso de traslados
- Sanidade Pública
Categorías nas que se abre prazo para modificación dos destinos:
- médica/o de urxencias hospitalarias
- FEA de cirurxía xeral e aparello dixestivo
- FEA de medicina interna
- FEA de psiquiatría
- FEA de radiodiagnóstico
No cadro publicado no DOG hai un erro, non figura a categoría á que corresponde a praza con código 271100410 no Complexo Hospitalario Universitario de Lugo. Está referida á categoría de FEA de cirurxía xeral e aparello dixestivo. Na web do SERGAS e no FIDES está incluída correctamente esta praza.
Prazo para a modificación dos destinos: 15 días naturais, do 14 ao 28 de xullo de 2023.
Na categoría de grupo técnico da función administrativa non se reabre o prazo de solicitude.
- Suprimiuse a oferta da praza con código 702100110, da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde (ACIS), no concello de Santiago de Compostela, área sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza.
- Mantéñense as solicitudes de participación realizadas non adxudicando esa praza.