Movilización na sanidade privada de Pontevedra por un convenio xusto
O persoal afectado continúa coas movilizacións ante a actitude negociadora da patronal
- Pontevedra
- Sanidade Privada
- Sanidade privada
- Vigo
Na última reunión o venres 17 de decembro, a patronal, unha vez máis, non deu a cara na mesa e segue sen remitir ningunha proposta aos temas máis conflictivos. A patronal continúa a ser representada por unha avogada e un avogado contrado para este fin.
Tras máis de dous anos dende a denuncia do convenio aínda vixente e tendo sufrido unha crise sanitaria na que todo o persoal traballador deixouse a pel, a patronal continúa sen querer recoñecer nun convenio as melloras que este colectivo precisa.
- Néganse a negociar as nosas propostas de cláusulas de garantía salarial no convenio, que garantan evitar a perda de poder adquisitivo das traballadoras e traballadores.
- Non están dispostos a regularizar as táboas salariais, nas que continúan existindo categorías por debaixo do SMI.
- Condicionan un posible incremento salarial (propoñen un 0,8 anual?) a unha renuncia pola nosa banda de negociar a xornada anual, a cal leva sendo a mesma dende fai máis de oito anos.
As movilizacións continuarán á volta do nadal.