Na defensa dos acordos coas traballadoras da área sanitaria de Ferrol

  • Ferrol

Diante do ataque aos acordos acadados coas traballadoras por parte da Xerencia desta Área, CIG-Saúde non pode menos que manterse firme na súa defensa.

Co incumprimento consciente por parte da Xerencia das "Instrucións de incorporacións e ceses" acordado o ano pasado, que permitía cubrir as incorporacións conforme os méritos, tememos un desmantelamento progresivo das melloras acadadas polas traballadoras desta Área. A Xerencia non pode dicir que non foi advertida do incumprimento, non pode dicir que non se lle deran oportunidades para a corrección deste ataque, non pode dicir que non se abriran canles de diálogo. Por non dicir acabou non dicindo NADA: o que fixo foi teimar no silencio faltando ao compromiso dado.

Cando as prazas non se cobren segundo méritos, que criterio se usa? A resposta parece obvia, A DEDO. Se faltamos aos compromisos, se pasamos dunha meritocracia a unha DEDOCRACIA, que nos queda esperar? INCUMPRIR O RESTO DE MELLORAS CONQUISTADAS NAS MESAS DE NEGOCIACIÓN?

Se non reaccionamos, igual que hoxe romperon este acordo mañá irán rachando co resto. As melloras conquistadas na Área Sanitaria de Ferrol foron dialogadas e loitadas. AGORA TÓCANOS A TODAS LOITAR PARA QUE NON NOS ROUBEN O CONQUISTADO.

A FORZA TÉDELA VÓS. GRAZAS A TODAS E A TODOS POR VIR.

Volver