Negociación do convenio sanidade privada A Coruña
2º reunión da mediación
- Convenios
- Sanidade Privada
O luns 13 de maio, tivo lugar a 2ª das reunións da mediación no seo do CGRL, na cal a patronal presentou a súa proposta.
CIG-Saúde considera inaceptable o recollido na proposta da patronal: insiste en manter os recortes, propón unhas táboas salariais insuficientes, reduce a xornada de xeito insuficiente e segue sen recoñecer o cobro nos domingos.
A patronal propón chegar a 1760 horas no 2026, subidas salariais dun 3% no 2024 ou un 3,5% no 2026, deixa fóra do calculo do SMI o cobro dos festivos pero non a antigüidade….son só algúns dos puntos que nos deixan moi lonxe do acordo.
CIG-Saúde comprometeuse a remitir unha nova proposta, co fin de achegar posturas ao máximo, sen renunciar ao xa conquistado, e facer todo o posible para a sinatura dun bo convenio.
Nesta proposta recolleremos:
- acordo de xornada, cun máximo anual e semanal
- recoñecemento do cobro dos domingos
- plus de toxicidade nas clínicas dentais e demais centros
- deixar fóra do calculo do SMI o complemento de antigüidade, toxicidade e domingo (sumado ao de nocturnidade e festivos xa proposto pola patronal)
- proposta de táboas salariais
- mellora da redacción nas licenzas, vacacións,...
Faremos todo o que estea nas nosas mans para chegar a un bo acordo. De non ser posible, volveremos a esixilo en cada centro de traballo.