No SERGAS: Nin estabilidade nin eliminación da precariedade

  • Sanidade Pública
  • Taxa de reposición

O acordo sindical asinado por CCOO, UGT e CSIF e publicado polo goberno do estado no BOE como Real Decreto-Lei 14/2021, e a posterior validación no parlamento e publicado como Lei 20/2021, de medidas urxentes para a redución da temporalidade, NON rematan coa temporalidade e a precariedade!

E non rematan coa temporalidade e a precariedade porque non rematan coa taxa de reposición. Taxa que impide a recuperación do 100% dos postos de traballo.

O acordo que asinaron recolle unha taxa de reposición do 120%. E que vai pasar co resto de prazas de anos anteriores que quedaron sen cubrir?

 

Estabilidade.

Tras a publicación da Lei 20/2021, de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade, desde CIG-SAÚDE vimos manifestando, reiteradamente, nas reunións do grupo de traballo de temporalidade do Ministerio de Sanidade o seguinte:

  • A Lei recolle, na súa disposición adicional, a convocatoria das prazas estruturais ocupadas de forma temporal con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2016. Cun sistema de acceso de concurso de méritos, e por unha soa vez.
    • Desde a CIG-SAÚDE, reiteramos que, para garantir que isto se cumpra, é urxente a creación dun código identificativo de persoal, que permita coñecer, con exactitude, o cadro de persoal de cada servizo de saúde.
    • No ámbito do SERGAS se non temos esta ferramenta, non imos poder comprobar que se convocan todas as prazas e de todas as categorías.

 

Temporalidade.

No referente á temporalidade a Lei 20/2021 recolle no seu artigo 10.2- Funcionarios interinos, o seguinte:

Transcorridos 3 anos desde o nomeamento  do persoal funcionario interino producirase a fin da relación da interinidade, e a vacante só poderá ser ocupada por persoal funcionario de carreira (persoal fixo), salvo que o proceso selectivo quede deserto.

  • Desde CIG-SAÚDE esiximos que, para que isto se cumpra, é urxente:
    • Ter un orzamento sanitario que dea resposta ás necesidades de persoal presentes e de futuro, e que tamén permita a consolidación das novas prazas.
    • Un cadro de persoal estable, dimensionado en función dos ratios establecidos para cada categoría profesional.
    • A eliminación da taxa de reposición, a recuperación dos postos de traballo perdidos pola taxa de reposición.
    • A convocatoria de ofertas de emprego por categorías, na que se convocarían as prazas correspondentes a cada categoría.

Desde CIG-SAÚDE preguntamos: que vai pasar se as prazas non se cobren pasados os 3 anos e os servizos de saúde teñen que manter a prestación sanitaria? Vanse incorporar no sistema sanitario empresas privadas para a prestación de servizos sanitarios e aumentar a privatización dos non sanitarios?

Volver