Nomeamento como persoal estatutario fixo e á adxudicación de destino definitivo na OPE de diversas especialidades da categoría de facultativo especialista de área
Publicado hoxe en DOG
Categorías de:
- Facultativo/a especialista da Área de Cirurxía Oral e Maxilofacial,
- Facultativo/a especialista da Área de Cirurxía Pediátrica,
- Facultativo/a especialista da Área de Cirurxía Plástica, Estética e Reparadora,
- Facultativo/a especialista da Área de Inmunoloxía,
- Facultativo/a especialista da Área de Oncoloxía Radioterápica.
Os/as aspirantes nomeados/as disporán do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, (do 6 de xuño ao 5 de xullo de 2023) para incorporarse á praza adxudicada.
De conformidade coa base décima da resolución de convocatoria do proceso, a toma de posesión da praza efectuarase no centro de xestión a que pertenza esta. A falta de incorporación no prazo referido, cando sexa imputable ao/á interesado/a e non responda a causas xustificadas, producirá o decaemento do seu dereito a obter a condición de persoal estatutario fixo como consecuencia do concreto proceso selectivo.
No entanto, en casos de forza maior e por instancia do/da interesado/a, a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde poderá prorrogar o prazo de toma de posesión.
Novas Relacionadas
Actualmente non hai novas