Nomeamento como persoal estatutario fixo e a adxudicación de destino definitivo de varias categorías de FEAs

Publicado hoxe en DOG

  • Oposicións

RESOLUCIÓN do 17 de abril de 2024, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se realiza o nomeamento como persoal estatutario fixo e a adxudicación de destino definitivo dos/das aspirantes seleccionados/as no proceso selectivo, polo sistema de concurso, para o acceso á condición de persoal estatutario fixo en diversas especialidades da categoría de facultativo/a especialista de área, convocado pola Resolución do 11 de maio de 2023.

Publícase a relación actualizada de aspirantes definitivamente seleccionados/as no proceso selectivo e nomear como persoal estatutario fixo do Servizo Galego de Saúde na categoría de facultativo/a especialista de área, nas especialidades de alergoloxía, análises clínicas, anatomía patolóxica, anestesioloxía e reanimación, aparello dixestivo, cardioloxía, cirurxía ortopédica e traumatoloxía, cirurxía xeral e do aparello dixestivo, dermatoloxía médico-cirúrxica e venereoloxía, endocrinoloxía e nutrición, farmacia hospitalaria, hematoloxía e hemoterapia, medicina física e rehabilitación, mePosteriormente, poderán participar nos concursos de traslados da categoría de facultativo especialista de área na especialidade correspondente, ou nos sistemas de promoción interna ou provisión de prazas doutra categoría, cando cumpran os requisitos comúns deses procedementos e acrediten dous anos de permanencia na situación de servizo activo no centro elixido e adxudicado como destino nesta resolución.dicina interna, microbioloxía e parasitoloxía, nefroloxía, neuroloxía, obstetricia e xinecoloxía, oftalmoloxía, otorrinolaringoloxía, radiodiagnóstico, reumatoloxía, uroloxía, psiquiatría e psicoloxía clínica, os/as aspirantes que se inclúen no anexo desta resolución.

Os/as aspirantes nomeados/as disporán do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para incorporarse de modo efectivo e permanente ao servizo activo no destino elixido e adxudicado.

Posteriormente, poderán participar nos concursos de traslados da categoría de facultativo especialista de área na especialidade correspondente, ou nos sistemas de promoción interna ou provisión de prazas doutra categoría, cando cumpran os requisitos comúns deses procedementos e acrediten dous anos de permanencia na situación de servizo activo no centro elixido e adxudicado como destino nesta resolución.

Aqueles/as aspirantes que tomen posesión como facultativo especialista de área na especialidade correspondente serán excluídos/as dos procesos de selección temporal en que estean inscritos/as no Servizo Galego de Saúde.

Respecto a outros procesos de selección de persoal fixo na categoría de facultativo especialista de área (na especialidade en que agora se tome posesión como consecuencia da presente resolución) xa convocados e nos cales estean participando, serán excluídos/as deles no momento en que se produza a dita toma de posesión, dado que non se pode acceder posteriormente á mesma especialidade na que xa se acredita a condición de persoal fixo. Trátase, en concreto, do concurso-oposición convocado pola Resolución do 14 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia núm. 3, do 4 de xaneiro de 2023) e do concurso de méritos de estabilización convocado pola Resolución do 26 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia núm. 4, do 5 de xaneiro de 2023).

 

Volver