Nomeamento como persoal estatutario fixo e adxudicación de destino de FEAP

Publicado hoxe en DOG

  • Oposicións
  • Sanidade Pública

RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 2024, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se procede ao nomeamento como persoal estatutario fixo e á adxudicación de destino definitivo aos/ás aspirantes seleccionados/as no proceso selectivo, polo sistema de concurso, para o acceso á condición de persoal estatutario fixo da categoría de facultativo/a especialista de atención primaria, convocado pola Resolución do 4 de maio de 2023.

Publícase a relación actualizada de aspirantes definitivamente seleccionados/as no proceso selectivo e nomear como persoal estatutario fixo do Servizo Galego de Saúde, na categoría de facultativo/a especialista de atención primaria, os/as aspirantes que se inclúen no anexo desta resolución.

Os/as aspirantes nomeados/as disporán do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para incorporarse de modo efectivo e permanente ao servizo activo no destino elixido e adxudicado, tanto na xornada ordinaria nos centros de saúde como na complementaria para prestar servizos de atención continuada nos PAC de referencia.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición ante esta dirección, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderase impugnar directamente na xurisdición contencioso-administrativa nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Volver