Nomeamento como persoal estatutario fixo e adxudicación de destinos de TCAE e PSX
Publicado hoxe en DOG
- Oposicións
- Sanidade Pública
Os/as aspirantes nomeados/as disporán do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para incorporarse á praza adxudicada.
De conformidade coa disposición adicional segunda do Decreto 70/2017, do 13 de xullo (Diario Oficial de Galicia núm. 145, do 1 de agosto), como condición para o perfeccionamento do nomeamento que se expida, os/as aspirantes seleccionados/as deberán realizar con carácter obrigatorio, nun prazo non superior aos seis meses contados desde a data de publicación no Diario Oficial de Galicia do correspondente nomeamento como persoal estatutario fixo, as actividades formativas para a obtención do nivel básico de coñecemento en materia de igualdade de xénero e prevención e loita contra a violencia de xénero, previstas no artigo 4 da citada regulación.
Non terán que realizar esta actividade formativa os/as aspirantes seleccionados/as que a realizasen con anterioridade, conste rexistrada en Fides/expedient-e e fose debidamente validada.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición, ante esta dirección, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderase impugnar directamente na xurisdición contencioso-administrativa nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo.
Novas Relacionadas
Últimas novas