Nomeamento de persoal estatutario fixo, e adxudicación de destino definitivo na categoría de facultativo/a especialista de área de pediatría e as súas áreas específicas, e médico/a de urxencias hospitalarias
- Oposicións
Nomear como persoal estatutario fixo do Servizo Galego de Saúde nas categorías de facultativo/a especialista en pediatría e as súas áreas específicas e de médico/a de urxencias hospitalarias as persoas aspirantes que se inclúen no anexo I desta resolución, logo de acreditar o cumprimento dos requisitos establecidos e de realizar a elección de destino, segundo o previsto nas bases 9 e 10 das convocatorias dos procesos selectivos.
Adxudicarlles ás persoas aspirantes, con carácter de destino definitivo, as prazas que figuran no anexo indicado.
As persoas aspirantes nomeadas disporán do prazo dun (1) mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para incorporarse á praza adxudicada. A toma de posesión da praza efectuarase no centro de xestión a que pertenza esta.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición, ante esta dirección, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderase impugnar directamente na xurisdición contencioso-administrativa, nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo.
Novas Relacionadas