Nomeamento de persoal estatutario fixo, e adxudicación de destino definitivo na categoría de médico/a de urxencias hospitalarias

  • Oposicións

DOG 63 do 7/4/2026 - RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 2026, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se procede ao nomeamento como persoal estatutario fixo e á adxudicación de destino definitivo das persoas aspirantes seleccionadas no proceso selectivo, polo sistema de concurso, para o acceso á condición de persoal estatutario fixo na categoría de médico/a de urxencias hospitalarias, convocado pola Resolución do 11 de maio de 2023.

Nomear como persoal estatutario fixo do Servizo Galego de Saúde na categoría de médico/a de urxencias hospitalarias as persoas aspirantes que se inclúen no anexo I desta resolución.

Adxudicarlles a estas persoas aspirantes, con carácter de destino definitivo, a praza que figura no referido anexo I.

Declarar finalizado o proceso selectivo, polo sistema de concurso, para o ingreso na categoría de médico/a de urxencias hospitalarias, convocado pola Resolución do 11 de maio de 2023.

 

Os/as aspirantes nomeados/as disporán do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para incorporarse de modo efectivo e permanente ao servizo activo no destino elixido e adxudicado.

Aqueles/as seleccionados/as neste proceso que tomen posesión como médico/a de urxencias hospitalarias serán excluídos/as dos procesos de selección temporal en que estea inscrito/a no Servizo Galego de Saúde.

Tras a oferta das prazas de médico/a de urxencias hospitalarias que resultaron vacantes logo da resolución de nomeamento do 26 de decembro de 2025, quedan sen cubrir, tras a finalización deste proceso, as seguintes que se relacionan:

 

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición, ante esta dirección, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderase impugnar directamente, na xurisdición contencioso-administrativa, nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

 

Volver