Nomeamento de persoal estatutario fixo, e adxudicación de destino definitivo na categoría de técnico/a superior de dietetíca

  • Oposicións

DOG 63 do 7/4/2026 - RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 2026, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se procede ao nomeamento como persoal estatutario fixo e á adxudicación de destino definitivo da persoa aspirante seleccionada no proceso selectivo de estabilización, polo sistema de concurso de méritos, para o ingreso na categoría de técnico/a superior en dietética, convocado pola Resolución do 26 de decembro de 2022.

Nomear como persoal estatutario fixo do Servizo Galego de Saúde na categoría de técnico/a superior en dietética a persoa aspirante que se inclúe no anexo I desta resolución, logo de acreditar o cumprimento dos requisitos establecidos e de realizar a elección de destino, segundo o previsto na base novena da convocatoria do proceso selectivo.

Adxudicarlle á persoa aspirante, con carácter de destino definitivo, a praza que figuran no anexo indicado.

A persoa aspirante nomeada disporá do prazo dun (1) mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para incorporarse á praza adxudicada. A toma de posesión da praza efectuarase no centro de xestión a que pertenza esta.

No entanto, en casos de forza maior, e por instancia da persoa interesada, a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde poderá prorrogar o prazo de toma de posesión. A incorporación á praza adxudicada comportará o cesamento da persoa temporal que, se é o caso, a ocupe, de acordo cos criterios de incorporación e cesamento vixentes.

De conformidade coa disposición adicional segunda do Decreto 70/2017, do 13 de xullo, polo que se regula a formación en igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero do persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, como condición para o perfeccionamento do nomeamento que se expida, o/a aspirante seleccionado/a deberá realizar, con carácter obrigatorio, e nun prazo non superior aos seis meses contados desde a data de publicación do correspondente nomeamento como persoal estatutario fixo no Diario Oficial de Galicia, as actividades formativas para a obtención do nivel básico de coñecemento en materia de igualdade de xénero e prevención e loita contra a violencia de xénero que recolle o artigo 157 da Lei 7/2023, do 30 de novembro, para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia.

Non terán que realizar esta actividade formativa as persoas aspirantes seleccionadas que a realizasen con anterioridade, se consta rexistrada en Fides/expediente-e e foi debidamente validada.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición, ante esta dirección, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderase impugnar directamente na xurisdición contencioso-administrativa, nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Volver