Nomeamentos e toma de posesión de persoal estatutario fixo de persoal non sanitario no SERGAS.

Varias categorías de persoal non sanitario.

  • Oposicións

RESOLVE:

Primeiro. Nomear persoal estatutario fixo do Servizo Galego de Saúde, nas categorías do grupo:

- técnico da función administrativa e,

- grupo de xestión da función administrativa

as persoas aspirantes seleccionadas que se inclúen no anexo I desta resolución.

Así mesmo, adxudicarlles ás devanditas persoas aspirantes, con carácter de destino definitivo, a praza que se especifica no indicado anexo.

Segundo. Declarar finalizado o concurso-oposición para o ingreso nas categorías do grupo técnico da función administrativa e do grupo de xestión da función administrativa, sen prexuízo do previsto na base 10.3 da convocatoria do proceso selectivo.

Terceiro. As persoas aspirantes nomeadas disporán do prazo dun mes, que se contará desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para incorporarse á praza adxudicada. Para estes efectos, a toma de posesión da praza efectuarase no centro de xestión ao cal pertenza esta.

 

Volver