Non a venda de POVISA
CIG-Saúde continúa defendendo que é preciso garantir recursos asistenciais públicos
- Sanidade Privada
No ano 2019 CIG-Saúde xa defendeu que a venda do Hospital POVISA ao grupo Ribera Salud era unha oportunidade para que a Xunta non autorizara esa venda, por interese público, e comprara o Hospital POVISA e o xestionara con criterios de servizo público. Isto sería posible facelo compaxinando os dereitos das traballadoras de POVISA e os intereses da sanidade pública.
Diante da venda de Ribera a Vivalto Santé, CIG-Saúde continúa defendendo que é preciso garantir recursos asistenciais públicos para dar unha atención 100% pública ao conxunto da cidadanía da área sanitaria de Vigo, e continúa apostando pola xestión pública do hospital POVISA para poder planificar, con criterios de servizo público, o futuro da nosa sanidade pública.