NON OFENDE QUEN QUERE SENÓN QUEN PODE

O “GRUPO DE EXPERTOS EN ATENCIÓN PRIMARIA” define “as enfermeiras que se trasladan desde o hospital a primaria” como “lastres”

  • AgEnfermeira
  • Atención primaria
  • Sanidade Pública

Desde CIG-SAÚDE queremos manifestar o noso rexeitamento ás conclusións do “GRUPO DE EXPERTOS EN ATENCIÓN PRIMARIA”, en particular no referente ao apartado nº 4-e sobre “as enfermeiras que se trasladan desde o hospital a primaria” que son definidas no documento como “lastres”.

É impresentable que o SERGAS permita a utilización deste cualificativo para definir a un grupo de profesionais altamente cualificado e con unha traxectoria profesional impecable, que fai uso do marco legal para elixir o centro onde quere traballar.

Cando unha enfermeira se traslada do hospital a primaria achega a este nivel asistencial todo o coñecemento adquirido ao longo da súa vida profesional, e toda a súa formación nas distintas patoloxías ou enfermidades que teñen as persoas que ingresan nos hospitais, e non so desde o punto de vista asistencial, tamén desde a atención ás persoas en toda a súa dimensión persoal, emocional e familiar.

Un discurso hipócrita que so pretende buscar confrontación entre profesionais.

Como se pode dicir todo isto cando a responsabilidade é da Consellaría de Sanidade e do SERGAS?

Documento de EXPERTOS

CIG-SAÚDE

Falta de Xestión e capacidade organizativa.

Para que serve tanto cargo de libre designación?

Indefinición da carteira de servizos de enfermaría.

Levamos reclamando desde o ano 2009 a carteira de servizos de enfermaría, feita no ano 2008 durante o goberno bipartito. Asistencia Sanitaria sempre dixo NON Á CARTEIRA DE ENFERMARÍA. “Non era bo limitar as cousas”

Potencial resolutivo superior ao expresado actualmente

A opinión das profesionais non conta. O criterio utilizado nos últimos anos foi: deixar de facer para non gastar.

Non están delimitadas as funcións.

Non hai mapa de competencias. Na maioría dos centros de saúde non hai protocolos. O persoal que se incorpora de novo fai o que, por uso e costume, se fai nese centro. A innovación está penalizada.

Carencia de Formación

Os expertos cuestionan a formación continuada do SERGAS?

Equipa multidisciplinar roto, non hai   traballo coordinado, nin traballo en colaboración entre xs distintos profesionais.

Son as enfermeiras que se trasladan do hospital as responsables de xestionar o traballo en equipo?

No documento dos “Expertos” non se fala da responsabilidade da Administración no referente a: amortizar prazas, non cubrir as ausencias e dificultar a prestación de servizo. Para que?

Que podemos agardar dunha administración tan irresponsable que pretende facer culpable da situación de atención primaria a un colectivo?

É verdade que o persoal que se traslada a primaria mellora a súa calidade de vida ao deixar de facer quendas de mañás, tardes e noites no hospital os 365 días do ano. Non é delito, é un dereito.

Volver