NOTA DE PRENSA SITUACIÓN DE URXENCIAS

  • Monforte

AOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN CON ROGO DE PUBLICACIÓN

Dende a central sindical CIG-SAÚDE, no hospital público de Monforte, queremos decir en primeiro lugar que nos gustaría non ter que sair prácticamente todos os días nos medios de comunicación a denunciar todas as deficiencias que está a haber con respecto aos protocolos e aos medios de protección que se lle facilitan aos traballadores. Hoxe queremos denunciar o estado no que se atopan os traballadores de urxencias, que recordemos que son os primeiros en recepcionar os posibles infectados co COVID 19.

En canto ao material que se lle está a proporcionar temos que decir que se lles están a dar mascarillas cirúrxicas caducadas dende 2014. Estas mascarillas ao pouco rato de uso desfanse co cal as teñen que arranar con esparadrapo.

Teñen unha bata para todo o turno, nada de traxe, nin buzo nin nada polo estilo. Eles mesmos están a facer traxes con bolsas de plástico doadas tamén por un supermercado.

Como non teñen este material eles mesmos se encargaron de buscarse a vida mediante doazóns para conseguir buzos.

As gafas de protección déronllas ao principio, agora xa nada, tendo que facer eles pantallas ou mercalas.

As calzas son de papel co que se rompen con facilidade e a maiores o papel non ailla.

Cando ten que ingresar algún paciente fáise o cambio da camilla para a cama no pasillo de urxencias, unha zona de tránsito, co cal pódese contaminar.


O celador sube ao paciente sin a protección adecuada, so cunha bata curta, mascarilla cirúrxica(caducada), e un gorro de quirófano que é de papel tamén.

Pedimos que aos celadores se lles faga un seguimento como aos demais traballadores do hospital.

E por último e mais grave,hoxe estivo a traballar unha enfermeira das listas de contratación pendente do resultado dun test, estivo sin mascarilla porque non había, ata que ao longo da mañá lla trouxo a supervisora. Ao final esta enfermeira enteróuse de que era positiva porque entrou ela a mirar a súa historia, non porque ninguén llo comunicara.

Entendemos que o servizo preventiva, concretamente o médico do traballo que é quen tiña que comunicar o resultado, ten moito traballo, por todo elo dende a CIG-Saúde levamos pedindo que se reforce ese servizo, pero o que non pode ser é que se deixe vir traballar a unha persoa que deu positivo no test.

Seguimos a pedir test a todos os traballadores, sobre todos aos contactos directos. Non pode ser que sexamos nos os axentes infecciosos que podamos contaxiar aos doentes.

E pedímoslle a esta Dirección que tome as medidas oportunas para cambiar esto.

A noticia no Xornal de Lemos
A noticia no Diario de Lemos

Vicente Vázquez Vázquez, delegado sindical de CIG-SAÚDE no hospital público de Monforte.

Monforte 1 de abril de 2020

Volver