NOTA TEST CORONAVIRUS

  • Monforte

PROTECCIÓN AOS TRABALLADORES

A Central Sindical de CIG-SAÚDE no hospital público de Monforte quere denunciar a desprotección total a que están sendo sometidos os traballadores deste centro, así como tamén en determinados Centros de Saúde da contorna.

Hai casos de traballadores que deron positivo ao coronavirus e aos seus compañeiros , malia estar en contacto con eles, non se lles está a facer o test para saber si eles son positivos ou non.

Dende o servizo de medicina do traballo, limítanse a decir que seguen o protocolo e que so fan o test si tés síntomas, se non que non fai falta. Nós non estamos para nada dacordo con esta afirmación, xa que coñecemos casos totalmente asintomáticos e que son positivos.

Esto ten unha enorme gravidade, xa que si o persoal está infectado pode infectar a súa vez aos demais traballadores e o que é peor, aos doentes.

O persoal sanitario é o que está en contacto coa poboación máis vulnerable polo que é necesario asegurar que non sexamos axentes de transmisión da infección.

Por todo elo esixímoslle a esta dirección que se fagan test a todos os traballadores que estiveran en contacto con algunha persona que dera positivo en coronavirus.

Este test debería ser extensible a todo o persoal estivese ou non en contacto, xa que así se determinaría cunha maior eficacia cantos traballadores están infectados.

Aquí podes ver a noticia no Diario de Lemos

Volver