Nova especialidade de Medicina de Urxencias e Emerxencias
- AgMédica
- Sanidade Pública
O 3 de xullo de 2024 publicouse no BOE o Real Decreto 610/2024, do 2 de xullo, polo que se establece o título de Médica/o Especialista en Medicina de Urxencias e Emerxencias e actualízanse diversos aspectos na formación do título de Médica/o Especialista en Medicina Familiar e Comunitaria
Que centros e unidades están incluídas na nova especialidade de Medicina de Urxencias e Emerxencias?
- Hospitais xerais (servizos de urxencias).
- 061.
Como serán os novos programas formativos das especialidades de Medicina de Urxencias e Emerxencias e de Medicina Familiar e Comunitaria?
- 2 primeiros anos de Formación común para as dúas especialidades.
- 2 últimos anos de Formación específica para cada unha das especialidades.
Acceso específico para as especialidades de Medicina Familiar e Comunitaria e de Medicina de Urxencias e Emerxencias.
- As persoas coa especialidade de Medicina Familiar e Comunitaria + 5 anos de experiencia + superación de proba de competencia + 2 anos de formación, poderán obter a especialidade de Medicina de Urxencias e Emerxencias.
- As persoas coa especialidade de Medicina de Urxencias e Emerxencias + 5 anos de experiencia + superación de proba de competencia + 2 anos de formación, poderán obter a especialidade de Medicina Familiar e Comunitaria.
Acceso extraordinario ao título de Especialista en Medicina de Urxencias e Emerxencias.
- Para as persoas que acrediten unha prestación de servizos no ámbito da especialidade de Medicina de Urxencias e Emerxencias.
a) Acceso directo:
4 anos de experiencia a tempo completo entre o 03/07/2017 e o 03/07/2024
OU
4 anos de experiencia a tempo parcial entre o 03/07/2014 e o 03/07/2024
b) Acceso tras superación dunha proba práctica para as persoas especialistas anteriores á entrada en vigor do real decreto (04/07/2024).
Proba práctica para médicos/as de familia titulados/as 4 anos antes do 04/07/2024:
2-4 anos de experiencia a tempo completo entre o 03/07/2020 e o 03/07/2024
OU
2-4 anos de experiencia a tempo parcial entre o 03/07/2014 e o 03/07/2024
Proba práctica para titulados/as nos 3 anos anteriores ao 04/07/2024:
Experiencia MÍNIMA do 50% do tempo transcorrido dende a obtención do título ata o 03/07/2024.
c) Acceso tras superación dunha proba práctica para os futuros especialistas.
Proba práctica para novos/as titulados/as despois do 04/07/2024 e antes de que remate a 1ª promoción de medicina de urxencias e emerxencias:
Experiencia MÍNIMA do 50% do tempo transcorrido dende a obtención do título.
PRAZOS PARA A CONVOCATORIA DA PROBA PRÁCTICA DA VÍA EXTRAORDINARIA
- Para o persoal xa titulado a 03/07/2024: nos 6 meses seguintes á publicación do programa formativo de Medicina de Urxencias e Emerxencias.
- Para o persoal titulado entre o 04/07/2024 e a 1ª promoción: nos 9 meses seguintes á finalización da 1ª promoción.