Nova xornada de mobilizacións: Hospital Abente e Lago
- A Coruña
A Comisión de centro do CHUAC convoca nova concentración este xoves día 3 na porta do hospital Abente e Lago ás 12h.
A concentración está marcada nun calendario semanal no que cada xoves as/os traballadoras/es deste hospital concentraranse para denunciar o déficit de persoal que padecen, nomeadamente celadoras/es e TCAEs.
A Xerencia continua sen ter en conta as peticións do persoal deste hospital que levan anos denunciando unha situación límite. Non se pode traballar nestas condicións.
Non pode unha/un soa/só celadora/or nunha quenda de noite facerse cargo dun hospital enteiro, con case 100 pacientes ao cargo.
Non pode unha/un soa/só TCAE nunha quenda de noite facerse cargo de 25 pacientes dependentes, con unha alta demanda de coidados.
As/os pacientes merecen unha atención de calidade. Non se pode traballar a un ritmo frenético e pretender manter a calidade e incluso a seguridade necesaria para realizar as mobilizacións.
Esta Comisión esixe á Xerencia que deixe de “aforrar” a costa da saúde das/os profesionais!!