Novo desconto nas nóminas das traballadoras e traballadores

Desde o mes de xaneiro xa está aplicando nas nóminas o "mecanismo de equidade interxeracional"

  • Sanidade Privada
  • Sanidade Pública

Nas nóminas de xaneiro de 2023 aparece por primeira vez un novo desconto da Seguridade Social.

Trátase do “Mecanismo de equidade interxeracional”, que foi introducido na Lei 21/2021, de 28 de decembro, de garantía do poder adquisitivo das pensións e doutras medidas de reforzo da sosteñibilidade financieira e social do sistema público de pensións coa finalidade de encher o Fondo das Pensións.

A partir de 2023, e durante dez anos, ata 2032, fíxase unha cotización adicional do 0,6%, do que:

- O,1% vai a cargo do/a traballador/a

- 0,5% vai a cargo da empresa

Para CIG-Saúde a verdadeira solidariedade está en que o financiamento das pensións públicas se faga a través dun sistema impositivo xusto.

Os que máis cartos teñen non son os/as traballadores/as que cobran dunha nómina, se non as grandes corporacións que acumularon e seguen acumulando os cartos que se xeran coa actividade destes traballadores/as.

O Fondo das Pensións baleirouse para financiar a débeda privada e agora pretenden enchelo cos cartos dos/as traballadores/as.

Volver