Novo engano do Ministerio de Sanidade: Reclasificación profesional GRATIS!
- Sanidade Pública
O Ministerio propón na negociación do Estatuto Marco unha clasificación profesional por nivel académico, pero cando fai a equivalencia cos grupos de clasificación da función pública, non recoñece as retribucións básicas, senón que o deixa aberto a futuras negociacións dos orzamentos do Estado, sen concretar.
Que significa isto?
Recoñecemento nun papel de A1, B, C1, C2 e E, pero SEN INCREMENTO SALARIAL para as categorías profesionais que cambian de grupo de clasificación.
CIG-Saúde defende:
- Unha clasificación profesional propia, que recoñeza os requisitos de titulación, a formación sanitaria específica e a prestación do traballo que se realiza.
- Coa equivalencia que corresponda cos grupos de clasificación da función pública tamén a nivel retributivo, ademais das subas salariais que é preciso realizar para adecuar as retribucións coa formación requirida para cada categoría profesional, a responsabilidade e a complexidade das funcións realizadas.
Tamén solicitamos que se estableza un réxime extraordinario de adaptación desde a situación actual aos novos requirimentos, e que o novo Estatuto Marco deixe aberta a posibilidade de que unha categoría poida ter unha nova clasificación, de xeito automático, se se modifica o nivel académico para a titulación que é requisito de acceso para esa categoría.
CIG-Saúde apoia as concentracións convocadas polas asociacións de técnicos/as sanitarios.
Se o Ministerio continúa sen recoñecer o incremento retributivo asociado ao cambio de grupo de clasificación, non descartamos ningunha medida de presión.
A clasificación profesional non pode ser soamente no papel!!
Novas Relacionadas
Últimas novas