Novo “invento” de contrato estable para médicos/as de familia
CIG-Saúde rexeita o documento presentado e solicita de inmediato que se tomen medidas a prol de captar profesionais.
- AgMédica
- Atención primaria
- Mesa Sectorial
O SERGAS presenta un contrato de “compromiso de vinculación estable para médicos/as de familia” dun ano prorrogable a dous.
CIG-Saúde rexeita o documento presentado e solicita de inmediato que se tomen medidas a prol de captar profesionais.
Que supón este contrato?
Profesional con disposición absoluta para o SERGAS.
- Repítese o modelo, xa instaurado, de mesturar a prestación en ordinaria e en PAC.
- Non hai referencia de prestar servizos en zonas, ou PACs concretos, senón que pode
abranguer toda a área. - Ao profesional comunícaselle con 15 días de antelación quenda e destino.
Que garantía de estabilidade é esta?
Estamos a falar de profesionais que traballan todo o ano de forma continuada, e que acceden a contratos máis estables onde coñecen o centro de destino e a xornada durante períodos superiores a 15 días.
Ante o déficit tan grave desta categoría o SERGAS debera facer unha planificación das necesidades e ofertar vínculos estables en zonas deficitarias de persoal, reforzando así os cadros de persoal destes.
Basta xa de medidas para paliar a situación inmediata, é necesario planificar a longo prazo, senón
sempre acabaremos no mesmo punto.
Ante a falta de profesionais, quen vai a optar a este tipo de contratación?
Novas Relacionadas