Novos permisos familiares no SERGAS
En vigor dende o 30 de xuño de 2023
- Normativa básica estatutaria e de función pública
- Sanidade Pública
O día 29 de xuño de 2023 publicouse no BOE o RD 5/2023, no que o Consello de Ministros/as aprobou unha serie de permisos familiares, que estaban recollidos na Lei de familias que se estaba tramitando e que quedou paralizada polas eleccións.
Permiso por accidente ou enfermidade graves, hospitalización ou intervención cirúrxica sen hospitalización que precise repouso domiciliario
Duración:
- Familiar de 1º grao. ou persoa convivinte que requira do seu coidado: 5 días hábiles.
- Familiar de 2º grao: 4 días hábiles
Permiso por falecemento
Duración:
- Familiar de 1º grao: 3 días hábiles se é na mesma localidade, e 5 días hábiles, se é en distinta localidade.
- Familiar de 2º grao: 2 días hábiles se é na mesma localidade, e 4 días hábiles, se é en distinta localidade.
Permiso parental para coidado de fillo/a ou menor acollido por máis de un ano
Está pendente de regular a súa retribución e o seu desfrute no ámbito do SERGAS.
Duración:
- Máximo 8 semanas, continuas ou descontinuas, ata que o menor cumpra 8 anos.
- Pode gozarse a tempo completo, ou a tempo parcial, por semanas completas.
- A persoa proxenitora especificará a data de inicio e de fin, cunha antelación mínima de 15 días.
É un dereito individual, que non pode transferirse á outra persoa proxenitora.
Cando concorra nas dúas persoas proxenitoras a solicitude do mesmo permiso pola mesma causa, poderase adiar temporalmente a concesión, previa xustificación por escrito ofrecendo un desfrute alternativo.