O acordo entre CCOO, UGT, a patronal e o goberno négalle ao persoal da sanidade pública a xubilación anticipada e parcial aos 60 anos
- Sanidade Pública
O Ministerio de Sanidade négase tamén a incluílo na negociación do novo Estatuto Marco como esixe CIG-Saúde.
CIG-Saúde ten demandado que a negociación das condicións da xubilación do persoal da sanidade pública tiña que facerse no ámbito da negociación do Novo Estatuto Marco.
Despois de máis de un ano de negociación, na que nin o Ministerio de Sanidade nin as organizacións sindicais CCOO e UGT quixeran entrar na negociación de este tema, atopámonos cun acordo para a reforma das pensións asinado polo Goberno, CCOO, UGT e a patronal española, negociado no chamado ”dialogo social” que exclúe á representación legal das persoas traballadoras da sanidade pública. O acordo aínda non é público pero, cos datos que se avanzaron, xa sabemos que non responde ás necesidades das persoas traballadoras da sanidade pública.
Fronte a este acordo, a CIG-Saúde demanda que sexa o Novo Estatuto Marco o que recolla as condicións de xubilación do persoal estatutario, e que se recolla a xubilación parcial aos 61 anos como un dereito para o conxunto do persoal Estatutario; a necesidade de retornar á xubilación aos 65 anos e non aos 67; que sexa voluntaria para aquelas persoas traballadoras que a calquera idade teñan acreditados 35 anos de cotización á Seguridade Social; e unha mellora que permita o acceso á xubilación a través de coeficientes redutores ao persoal da sanidade pública polas súas condicións de traballo perigosas, tóxicas e penosas.
O acordo que se negociou no diálogo social afonda tamén na privatización da sanidade pública ao ampliar o ámbito de actuación das mutuas na xestión da saúde das persoas traballadoras, trasladando a asistencia sanitaria dos procesos músculo-esqueléticos das persoas traballadoras en situación de Incapacidade temporal (IT) ás mutuas. Isto supón descapitalizar máis a sanidade pública nun ámbito onde o que se necesita é máis investimento en recursos materiais e profesionais.
CIG-Saúde denuncia, que poñer na man do partido Popular esta ferramenta, vai a multiplicar os seus efectos negativos xa que será utilizada para desmantelar o sistema sanitario público e precarizar a asistencia sanitaria as persoas traballadoras.
Novas Relacionadas
Últimas novas