O Consello Xeral da Formación Profesional aceptou retirar o título de Técnicos/as de coidados sanitarios
O Ministerio de Sanidade acepta as alegacións de CIG-Saúde
- Formación
CIG-Saúde participou hoxe na reunión do Consello Xeral da Formación Profesional onde solicitamos a retirada do título de Técnicos/as de coidados sanitarios.
O Ministerio de Sanidade acepta as nosas alegacións e recoñece que están sen desenvolver as competencias profesionais destes/as profesionais.
Acordouse que na comisión de Recursos Humanos do Foro Marco para o Diálogo Social (Mesa sectorial do ministerio de sanidade) se constitúa un grupo de traballo para analizar as competencias profesionais dos/as TCAEs.
Unha vez feito isto, se trasladará ao INCUAL para analizar as cualificacións profesionais.