O Hospital da Mariña vivirá as festas de nadal co servizo de uroloxía pechado
Do 24 de decembro ao 7 de xaneiro o servizo de uroloxía pecha pola ausencia da única especialista en uroloxía que sostén o servizo
- Burela
Esixen á Consellería de Sanidade e á Xerencia da Área Sanitaria de Lugo-A Mariña-Monforte, que exerza as súas competencias e que empregue os recursos necesarios para garantir unha atención sanitaria de proximidade.
CIG Saúde A Mariña denuncia que o hospital atópase dende o 13 de novembro cunha soa especialista en uroloxía das tres prazas que ten dotadas o centro. En decembro do 2023 coa marcha do entón xefe da unidade, vai xa 1 ano, Uroloxía quedou de xeito crónico con so dous facultativos/as.
Dende o pasado mes de novembro, por ausencia do segundo facultativo, o servizo de Uroloxía subsiste cunha soa especialista.
Segundo a Central Nacionalista, o Hospital da Mariña debera estar dotado de cando menos 4 médicos/as especialistas en Uroloxía para cubrir as necesidades dunha comarca con mais de 72.000 habitantes e poder ofertar un servizo de calidade cubrindo as seguintes necesidades:
1.-Dúas consultas diarias activas.
2.-Dous quirófanos de patoloxía oncolóxica mais dous quirófanos de cirurxía ambulatoria semanais.
3.-Probas diagnósticas como por exemplo biopsias para descartar patoloxías oncolóxicas.
4.- Atender aos pacientes ingresados ao seu cargo.
5.- Cubrir as gardas médicas da especialidade.
CONSECUENCIAS DE TER UNHA SOA ESPECIALISTA EN UROLOXÍA
Dende CIG Saúde A Mariña explican novamente que “con só unha Uróloga é imposible atender dúas consulta diarias, pacientes ingresados na planta, facer as probas diagnósticas, manter a actividade cirúrxica e asumir o cadro de gardas hospitalarias”, polo que:
1.- As persoas ingresadas permanecen no Hospital da Mariña ata o venres, día en que son trasladadas ao HULA por falta de especialistas durante o fin de semana.
2.-Derivación ao HULA de pacientes con prioridade 1 tanto para consultas como para intervencións cirúrxicas, e derivación de pacientes con prioridade 3 a centros privados de Lugo de doentes que levan ata dou anos esperando esperando para ser operados/as.
3.- Mantéñense activas tan so 2 consultas a tempo parcial por semana, vendo soamente un total de 20 pacientes. No ano 2022, con tres especialistas en Uroloxía en plantilla atendíanse 130 pacientes á semana.
4.- Xérase unha lista de espera temeraria con pacientes pendentes de citar dende 2019.
5.- A actividade cirúrxica pasa de asumir 2 quirófanos de patoloxía oncolóxica á semana a 2 quirófanos en todo o mes de decembro.
CONSECUENCIAS DE QUEDARNOS SEN URÓLOGOS/AS
1. O Hospital da Mariña non asume ingresos de pacientes de Uroloxía.
2. Os pacientes de Uroloxía que precisan de ingreso son trasladados/as ao HULA onde chegan sen cama asignada, tendo que acudir por Urxencias.
3. Desprográmase a citación de consultas, tanto de primeiras coma de revisións.