O HULA anégase de novo
CIG-Saúde denuncia as inundacións producidas no hospital en diversas zonas do edificio
CIG- Saude quere denunciar a situación que se viviu no día de onte no Hospital Universitario Lucus Augusti debido ás inundacións que houbo en diversas zonas do edificio, como a planta cuarta de hospitalización, ou outras zonas na planta 0 do edificio.
Debido a esta esperpéntica situación as traballadoras víronse obrigadas a actuar urxentemente para achicar a auga e salvar o material, así como tamén foi necesario o traslado dalgún/ha doente xa que o seu cuarto vírase afectado pola auga.
Xa sabemos que iste non é un mal novo, pero parecía que por mor da sequía dos últimos meses tíñámolo esquecido, pero xa vemos que todo segue igual, e os que teñen que buscar unha solución siguen sen aceptar a súa responsabilidade.
Benvida sexa a auga pero tamén benvidas sexan as solucións as anegacións no HULA!