O novo Estatuto Marco consolida a reclasificación sen actualización salarial

  • Sanidade Pública

CIG-Saúde non asinou en xaneiro de 2026 un texto que cambia os grupos profesionais pero non garante nin a reclasificación nin a actualización salarial.

A pesares de que o novo Estatuto Marco introduce unha clasificación profesional máis adaptada ás titulacións académicas e mellora a estrutura actual dos grupos, para a CIG-Saúde non é suficiente posto que o persoal que traballa
na sanidade leva anos mal clasificado pola falta de aplicación real do EBEP ao persoal estatutario, xerando unha débeda histórica coas categorías profesionais.

O Ministerio actualiza a clasificación pero deixa fóra o fundamental: AS RETRIBUCIÓNS

O propio Estatuto Marco establece que:

“ A nova clasificación profesional non pode supoñer incremento do gasto público”.

Entre outras cousas, por isto CIG-Saúde non asinou o texto do novo Estatuto Marco.

Na práctica isto significa:

  • nova clasificación profesional,
  • novos grupos e nomenclaturas,
  • pero mantendo o sistema retributivo antigo da Lei 55/2003.

QUE DEFENDE CIG-Saúde?

  • unha clasificación profesional propia da sanidade,
  • adaptada ás titulacións, á especialización e ás funcións reais,
  • e con retribucións adaptadas á nova clasificación.

A ACTUALIZACIÓN SALARIAL TEN QUE SER PARA TODAS AS CATEGORÍAS

QUE ASINARON CCOO, UGT, CSIF E SATSE?

Asinaron co Ministerio un acordo para crear un grupo de traballo que fará unha proposta retributiva para trasladar a Facenda.

Para CIG-Saúde isto é insuficiente posto que non hai ningunha garantía de que se faga efectiva esa proposta retributiva. O asinado non repara a débeda histórica nin tampouco recoñece nin garante unha reclasificación real para todas as  categorías.

A reclasificación e a actualización salarial tiñan que vir garantidas xa no Estatuto Marco non quedar pendente de hipotéticas negociacións.

CAMBIAR O NOME DOS GRUPOS NON REPARA A DÉBEDA HISTÓRICA CO PERSOAL DA SANIDADE

Volver