O permiso de lactación no SERGAS recoñece o dereito ás 150 horas

CIG-Saúde acorda na Mesa sectorial unha instrución que garante o desfrute deste permiso a todos e todas as profesionais do SERGAS

  • Permisos e licenzas
  • Sanidade Pública

O SERGAS acaba de remitir a Instrución sobre as condicións de desfrute do permiso de lactación, que CIG-Saúde levaba demandando dende antes do inicio da pandemia.

O permiso de lactación deberá desfrutarse dentro do primeiro ano de vida do fillo/a.

Beneficiarios:

  • A nai biolóxica
  • A persoa que desfrute do permiso por adopción, por garda con fins de adopción ou por acollemento
  • O outro proxenitor

Modo de desfrute:

O nº de horas deste permiso é de 150 horas, por cada fillo/a:

  • Unha hora ao comezo ou ao final da xornada
  • Media hora e ao comezo da xornada
  • En xornadas completas

Persoal eventual:

Permitirase o desfrute acumulado en sucesivos contratos.

  • Terá dereito ás 150 horas de permiso, o persoal vinculado dende a finalización das 16 semanas do permiso por nacemento, adopción... ata os 12 meses do/a menor.
  • En vínculos inferiores, será a parte proporcional.

Volver