O persoal de mantemento non pode agardar mais

  • Ag Persoal non sanitario
  • Sanidade Pública

A situación actual:

  • A falta de actualización das funcións.
  • A falta de actualización das titulacións requiridas para desenvolver as funcións de acordo co marco actual de titulacións e as esixencias dos regulamentos técnicos

Ten consecuencias:

  • As funcións actuais que desenvolve o persoal de mantemento están moi por riba do requisito legal actual de acceso a estas categorías, que é ter superada a educación secundaria obrigatoria.
  • E, ademais, o persoal atópase nunha clasificación profesional que non se corresponde coas funcións que efectivamente realizan.

A estratexia que CIG-Saúde está a desenvolver nos últimos anos pasa por:

  • Denunciar e facer fronte á privatización.
  • Reclamar a actualización das funcións básicas das diferentes categorías do persoal estatutario de oficios de mantemento, aproveitando a modificación do Estatuto Marco, solicitamos do Ministerio de sanidade que se actualizaran estas funcións.
  • En base ás funcións actualizadas, definir os criterios de titulación para o acceso ás categorías do persoal estatutario de oficios de mantemento.
  • Reclamar unha nova clasificación do persoal, no novo Estatuto Marco, en función das titulacións necesarias para o acceso a estas categorías.
  • Incorporar no novo Estatuto Marco a obrigación de que se negocie un período transitorio, desde o establecemento das novas categorías e requisitos de acceso, para garantir que o persoal que ostenta nomeamentos de persoal estatutario temporal ou que figure nas listas ou bolsas de contratación temporal poida adaptar a súa formación ou acreditar a súa capacitación profesional mediante certificados de profesionalidade ou criterios análogos. CIG-Saúde solicitou que esta negociación se produza no ámbito de cada servizo de saúde, no noso caso do Servizo Galego de Saúde.

Grupo de Traballo da Mesa Sectorial:

A convocatoria electoral paralizou as negociacións da modificación do Estatuto Marco. Para non retrasar a aplicación dos cambios necesarios, CIG-Saúde apostamos pola creación, no ámbito do SERGAS, dun grupo de traballo da Mesa Sectorial para:

  • Avanzar na definición das funcións.
  • Definir os criterios de titulación para o acceso ás categorías de mantemento.
  • Avanzar na negociación do período transitorio da implantación das novas titulacións.

 

Volver