O persoal temporal ten dereito ao desfrute dos seus permisos

  • Sanidade Pública
  • Selección Temporal

CIG-Saúde denuncia que o SERGAS impide o desfrute dos permisos ao persoal temporal no primeiro día de contrato.

Cando unha profesional temporal solicita un permiso, dá igual a motivación do mesmo, no primeiro día de contrato ou ben se lle denega ou ben se lle elimina o contrato.

Isto pasa con todos os permisos, a insensibilidade chega ao punto de que no falecemento dun familiar o persoal temporal teña que escoller entre traballar ou ir ao enterro.

Pois si, parece incrible, pero é real.

Non pode ser que despois de toda a doutrina europea e de tódalas sentenzas do tribunal superior de equiparación de dereitos entre o persoal fixo e temporal, o SERGAS siga limitando o desfrute de permisos ao persoal temporal.

Parece que atende mais a unha cuestión económica que de dereito, xa que a estas alturas non é cuestionable que o persoal temporal teña dereito aos mesmos permisos que o persoal fixo.

Isto foi trasladado por CIG-Saúde á Dirección de RRHH do SERGAS e espera unha resposta áxil e que encomende ás Xerencias a cumprir a normativa actual.

Se te atopas nesta situación ponte en contacto cos/as delegados/as de CIG-Saúde do teu distrito.

Volver