O recoñecemento do goberno galego, e do goberno central, cara as/os traballadoras/es da sanidade pública durante a pandemia da COVID-19 é só propaganda política
O persoal contaxiado no exercicio profesional, terá como recoñecemento desconto salarial
- Coronavirus
- Sanidade Pública
- O SERGAS négase a recoñecer o pago da atención continuada en situación de accidente laboral ao persoal contaxiado pola COVID-19 no posto de traballo.
- O SERGAS está a descontar das nóminas do persoal a contía das retribucións de noites, domingos, festivos e gardas ao persoal que está en I.T por contaxio co virus.
Medidas do goberno central e do goberno galego:
Declaración de accidente laboral por contaxio co virus no posto de traballo:
- O R/D Lei 19/2020, do 26 de maio, polo que se adoptan medidas complementarias en materia de Seguridade Social, o que recolle no seu artigo 9 é visualizar para o persoal das institucións sanitarias a consideración como continxencia profesional derivada de accidente de traballo as enfermidades padecidas polo persoal en centros sanitarios como consecuencia do contaxio do virus SARS-COV2.
- Isto non significa que ao persoal contaxiado polo virus no posto de traballo se lle aplique directamente o artigo 164 da Lei Xeral da Seguridade Social.
- E dicir, que a Administración non vai recoñecer de oficio o incremento nas prestacións económicas do 30% ou do 50% as/os profesionais contaxiados polo virus como consecuencia da realización do seu traballo.
- Para este recoñecemento o persoal deberá iniciar a correspondente reclamación administrativa e xudicial, e poder “DEMOSTRAR” que o SERGAS non protexeu “SUFICIENTEMENTE” as/os profesionais.
- De perder o xuízo a/o traballadora/or terá que pagar as costas xudiciais.
Desde CIG-SAÚDE rexeitamos todas estas medidas por ser lesivas para as/os traballadoras en xeral. Exiximos o cumprimento dos acordos e poder negociar medidas efectivas de recoñecemento do traballo desenvolvido por todo o persoal do SERGAS durante a pandemia da COVID-19, e durante a prestación diaria do seu traballo.