O SERGAS "ameaza" coa suspensión inmediata da carreira profesional
A suspensión da carreira profesional non é a alternativa para a CIG-Saúde
- Carreira profesional
- Mesa Sectorial
- Sanidade Pública
A Dirección do SERGAS pon sobre a mesa dúas alternativas:
1. suspender o acordo por insuficiencia orzamentaria e negociar un novo partindo de cero.
2. renegociar o acordo actual para permitir a incorporación do persoal temporal, facendo novas previsións orzamentarias para darlle soporte, pero sen recoñecer atrasos económicos, xa que a sentenza non os recolle.
A negociación pasaría por "repetir" os encadres (dos anos 2018 e 2020) para o persoal que, por ser temporal, no seu día quedara fora destes, repetindo baremos e resto de requisitos, convocándose nos anos 2022 e 2023.
Na próxima semana continuará a mesa negociadora, CIG-Saúde non vai renunciar a negociar, xa que o contrario suporía a conxelación da situación actual de carreira e abriríase a negociación dun novo acordo (que podería incluso chegar a rebaixar contía dos graos, endurecer criterios…).
CIG-Saúde fará a valoración da proposta do acordo cando teña o documento final, como resultado da negociación.