O SERGAS anuncia plans de continxencia da gripe e outras infeccións respiratorias cando estas patoloxías xa están sobrecargando os servizos de urxencias
- Atención primaria
- Sanidade Pública
CIG-Saúde esixe que os plans de continxencia contemplen a contratación estable de persoal de todas as categorías para dar resposta ao incremento da demanda.
Os plans presentados falan de reforzar o persoal cando se requira, de revisións diarias da situación e de ir adecuando os recursos humanos á situación epidemiolóxica.
A contratación de reforzos día a día non permite crear equipos de traballo estables e somete ao persoal a situacións de sobrecarga que se traducen nunha deficiente atención sanitaria.
A planificación debería realizarse polos períodos onde os datos epidemiolóxicos e o historial da demanda xa indica que é necesario reforzar os servizos, contratando o persoal necesario para todo o período.
Os modelos de contratación día a día, en función da demanda, van sempre por detrás das necesidades asistenciais, sobrecargan os equipos de traballo e precarizan as condicións de traballo do persoal das listas de contratacións.
Novas Relacionadas
Últimas novas