O SERGAS CONTINÚA A SOBRECARGAR Á/AO PSX

  • Atención primaria
  • Sanidade Pública

O SERGAS está a facer públicos os datos da posta en marcha do programa XIDE; un programa informático orientado a dar cita coa profesional de referencia que poida dar a mellor resposta a cada problema de saúde.

Os datos da pilotaxe do programa XIDE necesitan un tratamento máis rigoroso, xa que, do contrario pódense banalizar certas actuacións médicas importantes na saúde das persoas.
• Tamén cabe subliñar que o programa XIDE foi pilotado en centros onde se incrementou o persoal, este incremento non pode ser temporal.

Para a CIG-SAÚDE, o SERGAS ten que ter en conta que para a incorporación de programas informáticos necesitan persoas para o seu manexo e para a relación coa poboación.

Os programas informáticos non van a substituír ás persoas que traballan nas áreas administrativas de Atención Primaria, senón que incorporan unha nova tarefa que consume tempo de traballo.

Desde CIG-SAÚDE denunciamos que as áreas administrativas dos centros de saúde están infradotadas de persoal. Nos últimos anos son múltiples as funcións e programas informáticos que asumiu este colectivo, sen recibir a formación necesaria, sen ter unha persoa de referencia para consultar as dúbidas, e sen incorporación de persoal. E un aspecto grave: as áreas administrativas, incluídas as dos centros de nova creación, non garanten a privacidade das usuarias.

Desde CIG-SAÚDE esiximos que o SERGAS asuma que:

  • todo o traballo ten valor, con independencia da categoría que o preste.
  • o persoal das áreas administrativas asume unha carga importante do traballo da Atención Primaria, polo que debe contar coa súa opinión e participación.

É lamentable, que no capítulo de persoal do plan de atención primaria 2019/2021, O SERGAS non recolla ningunha mención ao traballo das áreas administrativas, como senón existiran. Se para o SERGAS este persoal non existe, como van falar das súas condicións de traballo e da súa prestación de servizo?

Fronte a isto, o plano de atención primaria 2009/2011, contemplaba a creación de 89 prazas, que como o SERGAS suspendeu este plano, estas prazas non foron creadas.

Desde a CIG-SAÚDE esiximos:

  • A dotación de máis persoal nos centros de saúde deficitarios.
  • A creación do posto de Coordinadora de formación de PSX.
  • A Creación do posto de Xefa de Grupo do persoal PSX.

É imprescindible que, ademais de ter unha maior dotación de persoal, haxa unha mínima estrutura de xestión para coordinar o traballo das áreas administrativas. E unha coordinadora de formación para que o persoal reciba a formación continuada necesaria.

Volver