O SERGAS continua sen recoñecer a xornada de 35 horas para todas as categorías

  • Mesa Sectorial
  • Sanidade Pública

O SERGAS presenta hoxe nun grupo de traballo da Mesa Sectorial un documento para “regular” a voluntariedade
na realización de sábados para médicos/as de atención primaria.

En realidade ese era o titular do documento porque na práctica o documento só nomea que os sábados, previo a ser obrigatorios, se ofertaran as/os profesionais por se hai voluntarios/as para facelo.

Esa obviedade é un traballo que xa tiña que estar facéndose desde as Xerencias e que non precisa esperar por un grupo de traballo.

Ademais o documento establece un “incentivo” para a realización de sábados pero que tampouco é real senón que é o valor que se está a pagar actualmente.

Con todo isto TODALAS OOSS da Mesa Sectorial RECHAZAMOS o documento.

CIG-Saúde exixe de novo:

  • Que quede claro que as 35 horas son a xornada ordinaria para tódalas categorías profesionais e polo tanto debe eliminarse a obrigatoriedade da realización de xornadas por riba dese límite.
  • Que se defina a prestación que se realiza nos sábados e que categorías teñen que realizalos.
  • Que o grupo de traballo englobe a todo o persoal estatutario dos ámbitos de atención primaria, hospitalaria e entidades adscritas a Consellería de Sanidade e que teña en conta tódalas categorías que se están vendo obrigadas
    actualmente a realización de sábados.
  • E que a negociación se inicie desde a ELIMINACIÓN da obriga de facer sábados para TÓDALAS categorías profesionais.

Volver